Festival Internacional de Xardíns de Allariz.

arte ambiental

2018 // Allariz

“En el mundo occidental estamos empezamos a descubrir nuestros sentidos abandonados. Esta conciencia creciente representa algo así como una insurgencia a destiempo contra la dolorosa privación de experiencia sensorial que hemos sufrido en nuestro mundo tecnológico.”
Escribe o antropólogo Ashley Montgu.

Toda clase de experiencia leva implícita en si os actos de gardar, ordenar, recordar e comparar. Como consecuencia cada espazo, cada lugar, cada cidade que visitamos e vivimos incorporase á nosa memoria, faise parte do noso corpo e da nosa identidade.

Así mesmo, o cine é capaz de crear sensacións similares con cada escena e con cada escenario, con cada diálogo, con unha decoración, coa vestimenta de algunha personaxe e mesmo coa cor que nese momento predomine na imaxe. É capaz de xerar experiencias, que da mesma maneira acaban penetrando en nós e formando parte do noso imaxinario. A colección única de experiencias de cada individuo determina a forma de enfrontarnos á realidade.

O xardín Escenografías Infinitas pretende crear seis novas experiencias, seis novos recordos, dentro dos paseantes que visiten a proposta. Unha serie de sensacións relacionadas con seis xéneros cinematográficos concretos, xeradas a partir da relación dunha vexetación ou obxecto concreto cun espazo de dimensións reducidas, pero cunha proxección do mesmo infinita.

A catalogación do xénero mantense no anonimato, posto que a intención da proposta é a experimentación do espazo. Que cada visitante sexa quen de extraer unhas relacións en base as sensacións obtidas na estancia. Dáselle prioridade ao feito de explorar e de sentir, deixando en un plano anecdótico a búsqueda de unha estética concreta.

Proponse un xardín con unha selección de especies que sirvan de telón de fondo, que máis alá de calquera alarde floral organicen unhas circulacións que envolvan os seis recintos. O límite entre os camiños e a vexetación desdebuxase, desaparece na procura de un maior contraste entre o espacio libre e salvaxe e o acotado, cargado de intención.

Equipo:
Alejandro Calvió Pérez
Daniel Burés Ares